Programa

A conferencia Libre Software World Conference 2012 que se celebrará en Santiago de Compostela o 18 e 19 de Outubro ten como principal obxectivo dar a oportunidade de coñecer as innovacións no Software Libre, servir de escaparate para mostrar casos de éxito, crear un foro de discusión e intercambio de ideas entre administración, empresas e usuarios de todo o mundo. O evento contará con 3 áreas de contido principais:

  • Empresas: Esta área de contidos estará dirixido por 3 obxectivos principais: coñecer como as empresas utilizaron o Software Libre e a súa filosofía como basee para o desenvolvemento de proxectos, ofrecer un escaparate de produtos e servizos, e facilitar a xeración de networking durante o evento.
    Administración pública e institucións: A administración xoga un papel clave na implantación do Software Libre. Definirase unha área de contidos específico que ofreza un foro de discusión que axude a descubrir como outras institucións están a utilizar o Software Libre, intercambiar ideas sobre os últimos avances en implantacións e analizar o impacto de políticas de adopción en Software Libre.
    Cidadanía: Nunha conferencia sobre o Software Libre é moi importante analizar todos os aspectos nos que as persoas poden obter beneficios do Software Libre. Esta área de contidos enfocarase en coñecer as últimas ferramentas de Software Libre, involucrar aos usuarios en grupos e comunidades de desenvolvemento e participar en talleres prácticos de interese.

A Libre Software World Conference 2012 de Santiago de Compostela está concibida como un evento aberto e como fonte de solucións diversas, pero concretas e resolutivas aplicadas a distintos sectores. Empresas, institucións e individuos encontrarán nestes dous días de intercambio de coñecemento e experiencias proxectos, avances, casos concretos e foros de discusión creados especialmente para eles sobre a base tecnolóxica máis eficiente do software libre.

A conferencia contará con sesións plenarias que a organización considere transversais ou de especial relevancia para o asistente.

Patrocinadores Gold

Patrocinadores Silver

Patrocinadores Bronze

Igape, Consellería de Economía e Industria e FEDER

Diseño y desarrollo web: VGS tecnologías web. Webmaster: Pablo Arias