A LSWC'12 será o maior evento realizado en España sobre o Software Libre con enfoque empresarial e profesional. Poderás coñecer as principais novidades técnicas, os novos produtos e os principais proxectos que hai en marcha no noso país, ademais de coñecer en persoa aos seus protagonistas e a boa parte do sector.
A LSWC'12 suporá tamén un punto de encontro e intercambio de coñecemento sobre novidades, iniciativas e proxectos en software libre desenvolvidas a nivel internacional, grazas á participación de expertos e profesionais de diferentes países. O evento será tamén unha potente ferramenta de comunicación para a difusión do software libre aplicado a ámbitos como a economía, a sociedade e as administracións.
A Libre Software World Conference 2012 é un evento sin ánimo de lucro e de acceso gratuíto, razón pola que necesitamos axuda de patrocinadores e colaboradores para sufragar os gastos dun evento deste tipo.
A organización directa da LSWC 12 correrá a cargo de AGASOL -Asociación de Empresas Galegas de Software Libre-, sempre co apoio de ASOLIF -Federación Nacional de Empresas de Software Libre-, da que AGASOL é socia fundadora.
AGASOL é unha iniciativa de empresas galegas de Software Libre, constituídas en asociación para acadar maiores oportunidades de negocio, exercer como interlocutores dun sector en fase expansiva en Galicia e ao tempo, promocionar un modelo de sociedade do coñecemento no que resulta clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles eses progresos. Na súa traxectoria (Agasol) conta con experiencia en proxectos multidisciplinares e internacionais en diversos ámbitos, baseados en modelos de software libre.
É agora a principal aposta de AGASOL, deseñada como una plataforma de demostración, difusión e colaboración internacional para o software libre. Santiago de Compostela, capital galega e cidade Patrimonio da Humanidade, será a anfitrioa do evento os días 18 e 19 de outubro de 2012 na Cidade da Cultura.